Requirimentos de emenda das solicitudes de axuda correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior 2010

Listen to this page using ReadSpeaker
1324 lecturas
Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 11 de xaneiro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos.
Estado: 
Procedemento pechado

Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 11 de xaneiro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as axudas e subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2010 (D.O.G. nº 9, do 15/01/2010), e de acordo co establecido no artigo 8º.2 da devandita resolución, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda.

Programas

  1. Programa A: Axudas a entidades galegas no exterior para a reforma, reparación, conservación e mantemento das súas instalacións.
  2. Programa B: Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos.
  3. Programa C: Axudas para o acondicionamento e dotación e/ou renovación de fondos das blibliotecas pertencentes ás entidades galegas no exterior.
Data de publicación: 
05.04.2010
Listas a convocatoria asociadas: