Requirimento de emenda da documentación xustificativa do Programa B: Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos. Ano 2012.

Listen to this page using ReadSpeaker
934 lecturas
Listaxes para descargar coa relación de entidades e Anexos a cumprimentar.
Estado: 
Procedemento pechado

ASUNTO: PUBLICACIÓN DO REQUIRIMENTO DE EMENDA DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA PRESENTADA POLAS ENTIDADES QUE SE INDICAN AO ABEIRO DO PROGRAMA B. AXUDAS A ENTIDADES ASOCIATIVAS DE EMIGRANTES GALEGOS NO EXTERIOR PARA A MELLORA DE DOTACIÓNS E EQUIPAMENTOS DA RESOLUCIÓN DO 28 DE DECEMBRO DE 2011 DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS E SE CONVOCAN AS SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES A PROGRAMAS DE ACTUACIÓN EN FAVOR DAS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR PARA O EXERCICIO 2012.

Examinada a documentación xustificativa presentada polas entidades que se indican ao abeiro do Programa B. Axudas a entidades asociativas de emigrantes galegos no exterior para a mellora de dotacións e equipamentos da Resolución do 28  de decembro de 2011 da Secretaría Xeral da Emigración pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2012 (D.O.G. nº 10, do 16/01/2012), e de acordo co establecido no artigo 46º do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, requírese ás entidades que se relacionan no Anexo para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos, en orixinal ou copia compulsada, indicados para cada entidade como Motivo da emenda. A falta de presentación da documentación requirida no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración, no seu enderezo na Rúa Basquiños, 2, CP 15704 de Santiago de Compostela, ou aos números de teléfono 981 54 58 33 e 981 95 71 60. As contestacións ás solicitudes de información terán un carácter meramente informativo para a entidade solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

A publicación destes requirimentos realizarase simultaneamente no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral de Emigración e na páxina web GaliciaAberta http://emigracion.xunta.es de acordo co establecido no artigo 15 da resolución de convocatoria.

 

*Nota: Os formularios online permiten cubrir os datos directamente sobre o formulario e a continuación imprimir o documento. Pero recorde que se garda o documento perderanse todos os cambios realizados.

 

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2012.

O subdirector xeral de Centros e Comunidades Galegas

Andrés Castro Bande

Data de publicación: 
23.10.2012
Data fin de prazo: 
05.11.2012