Reformulación de solicitudes polas entidades galegas no exterior. Ano 2011.

Listen to this page using ReadSpeaker
2412 lecturas
Relación de entidades galegas que poden presentar no prazo establecido a reformulación das súas solicitudes nos Programas que se indican, correspondentes ás convocatorias do ano 2011.
Estado: 
Procedemento pechado
  • Resolución do 24 de novembro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural ás comunidades galegas no exterior para o exercicio 2011 (DOG. nº 230, do 30/11/2010)
  • Resolución do 30 de novembro de 2010 da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a diversos programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o exercicio 2011 (DOG. nº 235, do 9/12/2010)

Téndose xa realizada polo órgano colexiado a avaliación correspondente referida aos expedientes de solicitude de subvención presentados ao amparo dos programas incluídos nas resolucións arriba indicadas, e unha vez formulada a proposta de resolución provisional, de acordo co establecido no art. 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Secretaría Xeral da Emigración insta ás entidades que se relacionan, no Anexo que se achega, a  que presenten no prazo establecido, se o consideran conveniente, a reformulación das súas solicitudes nos programas que se indican, para axustar os compromisos e as condicións ás subvencións outorgables, xa que os importes provisionais que se propoñen son inferiores aos que figuran nas solicitudes presentadas por ditas entidades.

A realización da comunicación ás entidades para que reformulen as súas solicitudes, efectúase hoxe por medio de publicación no taboleiro de anuncios da Secretaría Xeral da Emigración e na páxina web www.galiciaaberta.com. As entidades solicitantes teñen un prazo de dez días, que se computarán desde a data de publicación desta comunicación na páxina web indicada, para ou ben remitir á Secretaría Xeral da Emigración a reformulación das súas solicitudes para o seu análise, ou ben desistir das súas peticións.  No caso daquelas entidades que non respondan nese prazo, entenderase que aceptan o importe da subvención que aparece na proposta de resolución provisional.

Con esta mesma data e nun só intento, a Secretaría Xeral da Emigración remite ao enderezo de correo electrónico das entidades incluídas no Anexo, sempre que este conste na solicitude, unha comunicación dando conta da realización desta publicación e dos importes propostos.

A solicitude reformulada por unha entidade ou a primeira, se non se presentase a reformulación ou a renuncia, deberá ser executada na súa totalidade, tanto nas finalidades como nos importes.  En calquera caso, a reformulación de solicitudes deberá respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención incluídas na solicitude inicial, cunha diminución proporcional como máximo.

Unha vez que a solicitude reformulada mereza, de ser o caso, a conformidade do órgano colexiado de valoración, remitiráselle o actuado ao órgano competente para que dite a resolución.

Ver Anexo con listado de entidades (picar aquí para descargar)

Documentación para descargar:

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2011.

O subdirector xeral de Centros e Comunidades Galegas
Andrés Castro Bande

Data de publicación: 
01.04.2011
Data fin de prazo: 
13.04.2011
Listas a convocatoria asociadas: