Publicación das listas provisionais de admitidos e excluidos ao sorteo do programa de Campamentos e Campos de Traballo 2010

Listen to this page using ReadSpeaker
1383 lecturas
Publicados os listados definitivos de admitidos e excluidos
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación das listas provisionais de admitidos ao sorteo, solicitantes aos que se lles require documentación e excluidos do programa de axudas para a participación en actividades de "Campamentos e campos de traballo"

(Resolución do 4 de marzo, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº47 do 10-03-2010). 

De acordo co disposto no artigo 4º.2 das bases reguladoras da resolución mencionada publicase a relación provisional de admitidos ao sorteo, solicitantes aos que se lles require documentación e excluídos para o país de BRASIL, CHILE, CUBA. ESTADOS UNIDOS, MEXICO, PERÚ, URUGUAI, EUROPA E ESPAÑA, entendendo como:

  • Solicitudes admitidas ao sorteo: as que levan a mención “COMPLETA” na columna “observacións”.
  • Solicitudes ás que se lles require documentación: deberán presentar a documentación que figura na columna “observacións”. Para unha maior comprensión do texto deberán consultar a nota aclaratoria sobre a documentación a presentar.
  • Solicitudes provisionalmente excluídas: aquelas outras que figuran como EXCLUÍDA na columna observacións, sinalando na columna CAUSAS_EXCLU e ART_EXC os motivos. Xúntase unha lista na que se explican os artigos (número e letra) que figuran na columna ART_EXC, aos efectos de identificar os motivos da súa exclusión.

Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles (ata o 19 DE MAIO INCLUSIVE) para formular as alegacións que consideren oportunas e para completar a solicitude. Esta documentación deberá presentarse na entidade colaboradora para que faga a súa remisión a Secretaría Xeral da Emigración ou ben remitilas directamente o interesado a esta secretaría xeral (fax número 981/54 72 95), xunto co modelo que se achega: Descargar modelo (DOC / PDF).

Transcorrido ese prazo sen que se complete a documentación considerarase desistido da súa petición, e procederase ao arquivo da súa solicitude nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

 

Campamentos

Campos de Traballo

Prazo de presentación

Brasil Descargar Descargar 19 de Maio (inclusive)
Chile Descargar   19 de Maio (inclusive)
Cuba Descargar Descargar 19 de Maio (inclusive)
EEUU Descargar Descargar 19 de Maio (inclusive)
España Descargar   19 de Maio (inclusive)
México Descargar   19 de Maio (inclusive)
Perú Descargar Descargar 19 de Maio (inclusive)
Suiza Descargar   19 de Maio (inclusive)
Uruguai Descargar Descargar 19 de Maio (inclusive)


Nota aclaratoria sobre a documentacion a aportar e causas de exclusion

Data de publicación: 
05.05.2010