Listas provisionais de admitidos/as e excluídos/as ao sorteo do programa de Campamentos e Campos de Traballo. Ano 2012.

Listen to this page using ReadSpeaker
4983 lecturas
Listados e modelos de emenda para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS/AS AO SORTEO, SOLICITANTES ÁS/AOS QUE SE LLES REQUIRE DOCUMENTACIÓN E EXCLUÍDOS/AS DO PROGRAMA DE AXUDAS PARA A PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DE CAMPAMENTOS E CAMPOS DE TRABALLO (Resolución do 30 de xaneiro, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº26 do 07-02-2012).

De acordo co disposto no artigo 4º.2 das bases reguladoras da resolución mencionada publicase a relación provisional de admitidos/as ao sorteo, solicitantes ás/aos que se lles require documentación e excluídos/as para os países de ARXENTINA, BRASIL, CANADÁ, CHILE, COSTA RICA, CUBA. MEXICO, PERÚ, URUGUAI, VENEZUELA,  entendendo como:

  • Solicitudes admitidas ao sorteo: as que levan a mención “COMPLETO” na columna “observacións”.
  • Solicitudes ás que se lles require documentación: deberán presentar a documentación que figura na columna “observacións”. Para unha maior comprensión do texto deberán consultar a nota aclaratoria (picar aquí para descargar) sobre a documentación a presentar.
  • Solicitudes provisionalmente excluídas: aquelas outras que figuran como EXCLUÍDA na columna observacións, sinalando na columna CAUSAS_EXCLU  e  ART_EXC  os motivos. Xúntase unha lista na que se explican os artigos (número e letra) que figuran na columna  ART_EXC, aos efectos de identificar os motivos da súa exclusión.

Os/as interesados/as disporán dun prazo de DEZ DÍAS HÁBILES a partir da data de publicación para formular as alegacións que consideren oportunas e para completar a solicitude. Esta documentación deberá presentarse na entidade colaboradora para que faga a súa remisión a Secretaría Xeral da Emigración ou ben remitilas directamente o/a interesado/a a esta secretaría xeral  (fax número 981/54 72 95), xunto co modelo de alegacións (picar aquí para descargar en word | picar aquí para descargar en pdf) que se achega. No caso de Arxentina deberán dirixirse á Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.

Transcorrido ese prazo sen que se complete a documentación considerarase desistido da súa petición, e procederase ao arquivo da súa solicitude nos termos establecidos no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

PAÍS 14-17 anos 18-20 anos Data de publicación Prazo presentación emenda
Listados CAMPAMENTOS
Arxentina Descargar Descargar 17 abril 2012 ata o 28 abril 2012
Brasil Descargar Descargar 3 abril 2012 ata o 17 abril 2012
Cuba   Descargar 3 abril 2012 ata o 17 abril 2012
Uruguai Descargar Descargar 3 abril 2012 ata o 17 abril 2012
Venezuela Descargar Descargar 3 abril 2012 ata o 17 abril 2012
Resto de América Descargar Descargar 3 abril 2012 ata o 17 abril 2012

 

 

PAÍS 18-24 anos 25-30 anos Data de publicación Prazo presentación emenda
Listados CAMPOS DE TRABALLO
Arxentina Descargar Descargar 17 abril 2012 ata o 28 abril 2012
Brasil Descargar Descargar 3 abril 2012 ata o 17 abril 2012
Cuba Descargar Descargar 3 abril 2012 ata o 17 abril 2012
Uruguai Descargar Descargar 3 abril 2012 ata o 17 abril 2012
Venezuela Descargar   3 abril 2012 ata o 17 abril 2012
Resto de América Descargar   3 abril 2012 ata o 17 abril 2012

 

Data de publicación: 
03.04.2012