Aprobación definitiva listas formadores/as colaboradores/as ano 2012

Listen to this page using ReadSpeaker
1389 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS DE FORMADORES/AS COLABORADORES/AS PARA IMPARTIR SEMINARIOS FÓRA DE GALICIA (convocada por Resolución do 13 de maio de 2008 da Secretaría Xeral da Emigración, modificada por Resolucións do 12 de agosto, 10 de decembro de 2008 e 4 de maio de 2010), APROBADAS POR RESOLUCIÓN DO SECRETARIO XERAL DA EMIGRACIÓN DE DATA 9 DE ABRIL DE 2012.

O secretario xeral da Emigración aprobou a actualización das listas definitivas de formadores/as colaboradores/as, proposta pola Comisión Avaliadora prevista no artigo 6 da Resolución do 13 de maio de 2008, pola que se establece unha convocatoria de listas de formadores/as colaboradores/as para impartir seminarios fóra de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a Secretaría Xeral da Emigración no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación destas listas, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa.

Listados para descargar:

Data de publicación: 
10.04.2012