Funcións e Competencias

A Secretaría Xeral da Emigración é o órgano superior da Administración da Comunidade Autónoma ao que lle corresponden as competencias en materia de desenvolvemento da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, relacións coas comunidades galegas no exterior e políticas migratorias e de retorno en Galicia e a representación e participación nos órganos e foros relacionados coas políticas migratorias que lle encomende a persoa titular da Presidencia da Xunta de Galicia. Corresponden tamén á Secretaría Xeral da Emigración as competencias que atribúe ás comunidades autónomas a Lei 40/2006, do 14 de decembro, do Estatuto da cidadanía española no exterior, así como a coordinación e execución, se é o caso, das competencias atribuídas ás comunidades autónomas na Lei órgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa normativa de desenvolvemento e complementaria, sen prexuízo do que, por razón da materia, corresponda a outros órganos da Xunta de Galicia.