Subdirección Xeral do Retorno e da Inmigración
Contacto
D. Antonio Aguarón Turrientes
Dirección: Basquiños, 2 - C.P.:15704 - Santiago de Compostela
Tel.: 981 54 72 64
Funcións
Correspóndelle á Subdirección Xeral de Planificación das Políticas do Retorno e da Inmigración as seguintes funcións:
a) A asistencia ao secretario xeral de Emigración nas materias de retorno e inmigración, respecto das funcións propias da subdirección.
b) A elaboración de disposicións normativas e os programas necesarios para a execución da política de retorno e inmigratoria na comunidade autónoma, relativas ás materias propias desta subdirección xeral.
c) A ordenación e planificación dos programas de atención aos retornados e aos inmigrantes.
d) Proxectar e elaborar plans galegos sobre a emigración de retorno de carácter cuadrienal.
e) Promover a creación de foros galegos sobre emigración de retorno e a inmigración.
f) Todas as actuacións derivadas do Observatorio Galego da Inmigración e de Loita contra o Racismo e a Xenofobia e da Comisión Interdepartamental de Apoio á Inmigración.
g) Deseñar, planificar e coordinar, con outras administracións públicas, o sistema de acollida e atención integral ao emigrante retornado e inmigrante.
h) Deseño e planificación de plans e programas destinados a colectivos especialmente vulnerables.
i) A elaboración de estudos, informes e estatísticas sobre o fenómeno da inmigración e a emigración de retorno en Galicia; o seu impulso e súa difusión, sen prexuízo das competencias do Instituto Galego de Estatística.
j) Impulso de estudos e investigacións, a través da convocatoria de programas de investigación destinados a investigadores de calquera das universidades públicas galegas e outras institucións, sobre o fenómeno dos emigrantes retornados en Galicia e da inmigración.
k) A planificación de programas destinados aos emigrantes retornados e inmigrantes nos ámbitos sanitario, educativo, laboral, da vivenda e calquera outros relativos a protección dos seus dereitos.
l) Planificación e intervención no continxente de traballadores galegos no exterior e a participación na xestión do continxente nacional de traballadores estranxeiros, en coordinación coas consellerías con competencias na materia.
m) A planificación de programas de apoio relativos a formación e investimentos produtivos destinados ao retornado e ao inmigrante nos países de orixe daqueles.
n) Planificación, proposta e articulación de programas de apoio aos traballadores emigrantes retornados e inmigrantes autónomos que pretendan instalar e desenvolver a súa actividade produtiva en Galicia, en cooperación e sen prexuízo das competencias doutros organismos.
o) Impulsar o desenvolvemento de encontros de expertos nas materias de retorno e da inmigración para o estudo das estratexias sobre estes fenómenos relacionados con Galicia.
Organismos dependentes
Servizo de Programas e Atención Integral
Servizo de Información e Tramitación de Subvencións
Servizo de Planificación e Formación

