Subdirección Xeral de Coordinación, Contratación e Xestión Orzamentaria
Contacto
D. Manuel Díaz López
Dirección: Basquiños, 2 - C.P.:15704 - Santiago de Compostela
Tel.: 981 54 72 54/55
Funcións
Correspóndelle á Subdirección Xeral de Coordinación, Contratación e Xestión Orzamentaria as seguintes funcións:
a) A asistencia técnica e administrativa ao secretario xeral de Emigración en todos os asuntos que este lle encomende.
b) A elaboración, por requirimento do secretario xeral de Emigración, de estudos e propostas de actuación sobre aspectos relativos á estruturación, planificación, organización, métodos de traballo e de mellora da xestión dos diferentes procedementos administrativos.
c) O asesoramento e a realización de estudos e informes de carácter técnico nas materias competencia do DOGA Nº 53 Decreto 44/2006 de 2 de marzo departamento que lle sexan encomendadas polo secretario xeral de Emigración.
d) A coordinación de todas as unidades administrativas da Secretaría Xeral de Emigración para efectos administrativos.
e) A elaboración do anteproxecto de orzamento da Secretaría Xeral e a coordinación destes traballos entre os servizos existentes. O seguimento e control do orzamento da Secretaría Xeral de Emigración e a evaluación dos distintos programas de gastos.
f) A organización do rexistro e a coordinación con outros rexistros, sen prexuízo das competencias da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
g) A contratación administrativa, o seu seguimento e control.
h) A coordinación da formación de estatísticas, estudos e investigacións acerca das competencias da Secretaría Xeral de Emigración, sen prexuízo das que ten asumidas o Instituto Galego de Estatística.
i) A xestión dos investimentos, compras, subministracións e servizos da Secretaría Xeral de Emigración, sen prexuízo das competencias que poidan ter atribuídas outros órganos.
j) O establecemento, seguimento e mantemento dos procesos informáticos da Secretaría Xeral de Emigración, sen prexuízo das competencias que a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten atribuídas nesta materia. Así mesmo, correspóndelle o establecemento dos mecanismos necesarios para o mantenemento, actualización e dinamización da web e do portal da Secretaría Xeral de Emigración.
k) O seguimento das actuacións da Fundación Galicia Emigración e daquelas outras fundacións públicas que se nutran con fondos da Secretaría Xeral de Emigración.
l) Todos os aspectos relacionados co réxime interno da Secretaría Xeral de Emigración, sen prexuízo das competencias doutros órganos, e a organización do seu arquivo.
m) A tramitación das convocatorias de axudas e subvencións, así como dos convenios e protocolos de colaboración que se subscriban con outras consellerías, entidades, centros galegos e particulares,así como o pagamento e o control dos fondos transferidos.
n) A coordinación das publicacións da Secretaría Xeral de Emigración, así como dos envíos de publicacións e demais material que se realice ás distintas comunidades galegas no exterior co fin de dar cumprimento ao disposto na Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, relacións coas comunidades galegas no exterior e política emigratoria e de retorno en Galicia.
o) A suplencia do secretario xeral de Emigración nos supostos de vacante, ausencia ou enfermidade en todas as materias de índole administrativa e orzamentaria que sexan competencia deste.
Organismos dependientes
Servizo de Apoio Técnico e Contratación
Servizo de Xestión Orzamentaria

